Publicado o 13/11/2016
MARÍA CARDARELLY
María Cardarelly, unha pioneira galega da fotografía que, dados os datos existentes, quizais sexa a primeira fotógrafa galega que exercía ao redor de 1864, antes que Antonia Santos (Mondoñedo) da que hai constancia do seu traballo en 1872 e de Cándida Otero (Vigo) en 1876.
Grazas ao excelente traballo de Carlos Castelao temos ao completo a súa biografía, acompañada de catro fotos realizadas pola fotógrafa, das que dúas son retratos de Rosalía de Castro e unha da súa filla maior, Alejandra, cando era unha nena de entre cinco e seis anos de idade.
O traballo realizado por este fotohistoriador está publicado na “Fundación e Casa Museo Rosalia de Castro” dende o 9 de marzo deste ano 2017 e forma parte do libro “Fotografía de estudio na Compostela do século XIX. Pioneiros da fotografía galega” que este autor publicará proximamente.
Ligazón da Fundación e Casa Museo Rosalia
Ligazón ao pdf de Carlos Castelao, “María Cardarelly, un lóstrego na fotografía galega”. Fundación Rosalía de Castro
FONTES:
- Carlos Castelao, fotohistoriador.
- ACUÑA, XOSÉ ENRIQUE (2003). “Volve a fotografía, retorna a memoria”. Artigo de Xosé Enrique Acuña. Revista das Letras, 04/12/2003 (retrato anónimo de María Cardarelly, ca. 1895)
- Sermos Galiza